lunes, 1 de febrero de 2010

Entrevista India

+Quen é vostede?

Son o presidente da India, Pratibha Patil

+Cal é a función que desempeñas no cumio?

O meu papel nesta conferencia é, ante todo, defender os intereses do meu país. Facemos unha proposta concreta de reducións, pero non vou deixar que o meu país saia prexudicado aínda así estamos dispostos a chegar a un acordo e que esta conferencia non sexa un fracaso pola nosa culpa.

+Cres que o cambio climático é real, ou ficticio?

O cambio climático é totalmente real, de feito, é unha realidade que está desafiando o coñecemento e a sabiduría da humanidade, por iso, o meu país afronta novos retos como a administración dos nosos escasos recursos hidrícos ou o incremento dos suministros de enerxía renovable e non contaminante, que deben xogar un papel moito maior do que teñen actualmente.

+Qué vantaxes ofrecerían e que problemas causarían a corto e a largo prazo as propostas de mellora realizadas?

Supoño que as propostas do meu país non causarían ningún problema significativo, todo serían vantaxes. A redución de emisións de gases de efecto invernadoiro sempre é boa, xa sexa a prazo longo ou curto. A introdución das enerxías renovables pode soster, e incluso mellorar, a taxa de emprego, co que a economía non se resentiría. E, no caso de que estas enerxías non contaminantes non fosen suficientes para manter a economía dentro dos seus límites, sempre nos poderíamos acoller ao fondo multinacional que se vai crear para axudar aos países pobres ou emerxentes.

+Se o planeta segue por este camiño, ¿qué podería ocorrer? ¿Corremos perigo?

Se continuamos ao ritmo actual, as concentracións de CO2 que hai na atmosfera aumentarán, dobrando o nivel actual. Este feito aumentará a temperatura global do planeta entre 2 ou 5 grados o que fará que se produza o desxeo dos polos, co conseguinte aumento do nivel do mar, polo que se verá tamén afectado o vapor de auga, as nubes, a vexetación,… Todo está conectado, de xeito que todo se verá afectado, en fin, que o impacto no ecosistema podería ser irreversible. Por tanto, pódese dicir que si corremos perigo.

+Cres que hai posibilidades de erradicar a contaminación por completo, baseándose nas enerxías renovables?

Non creo que sexa posible erradicar a contaminación por completo, nunca. Está claro que as enerxías renovables van axudar a reducir os niveis, pero mentres existan intereses económicos tan fortes, refírome a empresas multinacionais e a gobernos, os cales non van deixar de aumentar as súas ganancias por inverter os seus cartos en plans de mellora para o medio ambiente, non se vai notar unha redución significativa. É unha mágoa porque entre todos deberiamos facer todo o posible polo noso Planeta.

+Finalmente, ¿cres que os países cumprirán os requisitos impostos no cumio?

É unha mágoa pero creo que non. Como non é un acordo vinculante, estou convencido que os países que menos cumprirán os requisitos serán os países ricos, coma sempre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario