lunes, 1 de febrero de 2010

Entrevista Brasil

+Quen é vostede?

Son Luis Ignacio Lula da Silva, presidente do Brasil.

+Cal é a función que desempeñas no cumio?

Persoalmente estou moi comprometido con este tema, preocúpame moitísimo o futuro do meu Planeta. Por este motivo, o meu gabinete máis eu fixemos contactos con outros gobernos para intentar levar unhas propostas comúns. O meu país ten un papel moi importante nesta conferencia xa que vai ser o mediador entre os gobernos de EEUU e a China, que teñen posturas bastante encontradas.

+Cres que o cambio climático é real, ou ficticio?

Totalmente real, non hai máis que ver tódalas consecuencias que xa estamos comezando a sufrir: inundacións, desxeo, olas de frío ou de calor extremas,… Non creo que haxa ningunha persoa que teña dúbidas sobre este tema.

+Qué vantaxes ofrecerían e que problemas causarían a corto e a largo prazo as propostas de mellora realizadas?

Aínda que me parecen moi escasas, as propostas que se fixeron nesta conferencia supoño que serán positivas. As melloras sempre son ben recibidas. Está claro que dar cartos aos países pobres para substituír o seu desenvolvemento económico non é a mellor das solucións, pero intentaremos seguir traballando neste aspecto ata lograr unha mellor solución.

+Se el planeta sigue por este camino, Que podrería ocorrer? ,Corremos perigo?

Claro que corremos perigo. A nosa mala xestión medioambiental vai facer que o quecemento global cause cambios devastadores. Algúns exemplos do que nos podería ocorrer, ou mellor dito que xa están pasando, son os desbordamentos dos ríos, por mor do desxeo e das precipitacións abundantes; outros poden correr a sorte contraria e evaporarse. Aparecerán enfermidades novas e revivirán outras antigas, os furacáns poderían facerse máis intensos. E o peor de todo e que xa hai algunhas teorías que din que as correntes oceánicas de Europa poderían deterse o que desencadearía un grave descenso das temperaturas de Europa e Norteamérica.

+Cres que hai posibilidades de erradicar a contaminación por completo, baseándose nas enerxías renovables?

Si, eu creo que si é posible. De feito unha das propostas do meu goberno é precisamente inverter en biocombustibles e enerxías renovables, que farán non só que se reduza a contaminación, senón que a nosa economía despegue definitivamente, xa que somos un país con boas condicións e ben preparado no tema concreto do biocombustible.

+Finalmente, Cres que os países cumprirán os requisitos impostos neste cumio?

Non sabería que contestar pero creo que non se van cumprir. A nosa delegación saíu moi decepcionada deste cumio, non chegamos ao acordo que esperabamos e o compromiso dos países ricos non é suficiente. Por todos estes motivos, supoño que non se van cumprir os obxectivos.

Entrevista India

+Quen é vostede?

Son o presidente da India, Pratibha Patil

+Cal é a función que desempeñas no cumio?

O meu papel nesta conferencia é, ante todo, defender os intereses do meu país. Facemos unha proposta concreta de reducións, pero non vou deixar que o meu país saia prexudicado aínda así estamos dispostos a chegar a un acordo e que esta conferencia non sexa un fracaso pola nosa culpa.

+Cres que o cambio climático é real, ou ficticio?

O cambio climático é totalmente real, de feito, é unha realidade que está desafiando o coñecemento e a sabiduría da humanidade, por iso, o meu país afronta novos retos como a administración dos nosos escasos recursos hidrícos ou o incremento dos suministros de enerxía renovable e non contaminante, que deben xogar un papel moito maior do que teñen actualmente.

+Qué vantaxes ofrecerían e que problemas causarían a corto e a largo prazo as propostas de mellora realizadas?

Supoño que as propostas do meu país non causarían ningún problema significativo, todo serían vantaxes. A redución de emisións de gases de efecto invernadoiro sempre é boa, xa sexa a prazo longo ou curto. A introdución das enerxías renovables pode soster, e incluso mellorar, a taxa de emprego, co que a economía non se resentiría. E, no caso de que estas enerxías non contaminantes non fosen suficientes para manter a economía dentro dos seus límites, sempre nos poderíamos acoller ao fondo multinacional que se vai crear para axudar aos países pobres ou emerxentes.

+Se o planeta segue por este camiño, ¿qué podería ocorrer? ¿Corremos perigo?

Se continuamos ao ritmo actual, as concentracións de CO2 que hai na atmosfera aumentarán, dobrando o nivel actual. Este feito aumentará a temperatura global do planeta entre 2 ou 5 grados o que fará que se produza o desxeo dos polos, co conseguinte aumento do nivel do mar, polo que se verá tamén afectado o vapor de auga, as nubes, a vexetación,… Todo está conectado, de xeito que todo se verá afectado, en fin, que o impacto no ecosistema podería ser irreversible. Por tanto, pódese dicir que si corremos perigo.

+Cres que hai posibilidades de erradicar a contaminación por completo, baseándose nas enerxías renovables?

Non creo que sexa posible erradicar a contaminación por completo, nunca. Está claro que as enerxías renovables van axudar a reducir os niveis, pero mentres existan intereses económicos tan fortes, refírome a empresas multinacionais e a gobernos, os cales non van deixar de aumentar as súas ganancias por inverter os seus cartos en plans de mellora para o medio ambiente, non se vai notar unha redución significativa. É unha mágoa porque entre todos deberiamos facer todo o posible polo noso Planeta.

+Finalmente, ¿cres que os países cumprirán os requisitos impostos no cumio?

É unha mágoa pero creo que non. Como non é un acordo vinculante, estou convencido que os países que menos cumprirán os requisitos serán os países ricos, coma sempre.